viernes, 18 de mayo de 2012

La educación Pública


FINLANDIA, EL MEJOR SISTEMA EDUCATIVO DEL MUNDO


http://hilde2008.wordpress.com/2011/07/14/finlandia-el-mejor-sistema-educativo-del-mundo/




La educación en Finlandia: Los secretos de un éxito asombroso


http://www.politicaseducativasuc.cl/?p=3067

http://devuelvemelavoz.ua.es/devuelveme-voz/visor.php?fichero=9202.mp3&idioma=e


MANIFESTACIÓN EN OURENSE


En Ourense( texto en galego)
Este é o discurso "reformista"
Boas tardes! Ola todos e todas! Grazas por acudir a esta chamada de compromiso e deber cidadán


Esta acción de hoxe é para facernos oír, para dicir alto e claro que o Goberno de España e os das Comunidades Autónomas, xunto aos dirixentes das máis altas institucións do Estado, estannos levando á creba ou a unha intervención dunha magnitude descoñecida ata o de agora. 

E queremos facer ruído, para manifestar a nosa perplexidade ante a actuación dun goberno que é partícipe (e sospeitamos que beneficiario) deste saqueo impune, ao que asistimos sen recibir ningún tipo de información dos medios de comunicación submisos os seus amos e señores

Estamos atónitos ante as manobras de ocultamento das contas dunha entidade Bankaria, quebrada polos propios políticos que nos gobernan, membros dos seus consellos de administración, que o único que lles importa é perpetuarse no poder a costa de incautarnos os nosos máis básicos dereitos.

Eles sabían dende hai un ano o que estaba pasando, por iso colocaron ao Sr. Rato quen, non só non informou senón que, enganou aos seus clientes poñendo accións a venda e abusando da confianza que estes depositaron nos empregados desa entidade.
E se o sabían, porque non implementaron un gabinete que lle fora buscando a solución?. Moi sinxelo: porque o establecemento medidas que puxeran remate á esa desfeita, suporía a fin da súa caste corrupta e parasitaria.

Roubáronlle á xente, pero non o consentiremos: NON CONFIAREMOS NELES! NON NOS REPRESENTAN!

Preguntámonos por que non houbo control desas emisións. O Estado ten responsabilidades e esiximos que as asuman.

Nun impúdico baile de cifras, primeiro dixéronnos que necesitaban 7 mil millóns de euros, despois 10.000, 15.000, 19.000 e agora xa son 23.500 millóns. 23.500 millóns que baixo políticas a favor das persoas, e non da avarícia sen límites dos que nos desgobernan, supoñerían:

Subir un 20% as pensións,
Cubrir 18’5 veces o programa de bolsas.
Incrementar o 28% o gasto en educación e sanidade.
Subir o 13% o gasto social en España.
Multiplicar por 11 a Axuda Oficial ao desenvolvemento.
Ampliar 167 veces as actuacións de apoio ás PEMES
Ou cubrir 4 anos de investigación e desenvolvemento, entre outras .

Pero non é sómente Bankia.
A débeda financeira deste país rolda os 700.000 millóns de euros, para os que os recortes en sanidade e educación son só un petisco.

Asumir esta débeda supón arrasar o país para moitos anos, tirar pola borda o futuro das próximas xeracións, condenándoas á precariedade de por vida.

Rexeitamos esta visión do futuro.

Sabemos que ninguén vai vir a salvarnos, que hai alternativas e que saír desta situación é algo que nós compete só a nós:
Nós temos que solucionar os nosos propios problemas!

Xa é hora de esixir un cambio de réxime político. Unha alternativa a este enxendro tardo-franquista.
Temos que botalos!
Eles non van soltar xamais o poder.
Temos que conseguir que a xustiza actúe e, aínda que sabemos que nunca un ladrón corre diante doutro ladrón, temos que presionar e esixir que os imputen (delitos acumulan dabondo) e os leven á cadea.

Cómpre, ao mesmo tempo, iniciar un proceso constituínte que nos permita elixir o futuro que queremos.

Endexamais coma agora, foi máis necesaria a unidade de todas na rúa presionando, a través de accións pacíficas, polo cambio dun sistema político imposto no 1978.

Por iso, dende aquí facemos un chamamento á toda a cidadanía ourensá, partidos, sindicatos, plataformas de defensa dos servizos públicos e asociacións veciñais e de todo tipo para que leven esta iniciativa de protesta activa aos seus respectivos colectivos e fixemos citas unitarias de protestas sucesivas.

NON PODEMOS QUEDARNOS ATÓNITAS, TEMOS QUE REACCIONAR, SAIAMOS UNIDAS PARA RECLAMAR A SOBERANÍA E O PODER QUE É NOSO.

SOMOS O 99%
TODXS SOMOS UNX!



 FUENTE : ASEMBLEA ABERTA OURENSE


MIÉRCOLES, 30 DE MAYO DE 2012

Alumnos de centros públicos quedan en los primeros cinco puestos de la Olimpiada Nacional de Física 2012


Tal como nos hace llegar Julián, en el Boletín de la Real Sociedad Española de Física se hace referencia a la Olimpiada Nacional de Física 2012. En esta convocatoria las cinco primeras medallas de oro han sido para alumnos que han estudiado en institutos públicos de bachillerato (IES). 

Julián nos plantea que "este tipo de resultados son los que  detestan los enemigos de la enseñanza pública, el hecho de que sus alumnos puedan encabezar el palmarés de los más brillantes y mejor formados. Durante los años en los que se celebró en Madrid la Feria de la Ciencia, evento muy positivo que permitía a los centros educativos mostrar el buen trabajo realizado en las aulas, la mayoría de centros que concurrían eran también centros públicos. La Feria dejó de celebrarse sin que la Consejería de Educación diera motivos convincentes de su suspensión. ¿Tal vez el Gobierno de Esperanza Aguirre no quería mantener un evento que servía de escaparate al buen trabajo realizado en los centros públicos de enseñanza?"



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog

Entradas populares